ogalego.gal 
Anxo González Guerra
//Vitoria Ogando Valcárcel catedráticos de galego xubilados

Exercicio 9.1. Pronome persoal: completar con pronomes persoais


1. Se mo contas a min eu non llo vou revelar a Xan. Por que cho digo? Pois porque me apetece ou Se mo contas a min eu non vou revelarllo a Xan. Por que cho digo?

Se ... conta... a min (mo) eu non ... vou... revelar a Xan (llo). Por que ... digo... (cho)? Pois porque ...apetece... (me).

2. Díxenche, dígoche e direiche que te amo, que te amei e te amarei para o resto dos meus días, miña parruliña!

...dixen ...(te ou che), ...dígo... (te ou che) e ...direi... (te ou che) que ... amo... (te ou che), que ... amei... (te ou che) e ... amarei ... (te ou che) para o resto dos meus días, miña parruliña!

3. Contáronme que te puxeras moi leda cando che dixeron que che tocara a lotaría do Nadal, tocouche pouco, mais algo che tocou.

... contaron... (me) que ... puxeras... moi leda (te ou che) cando ... dixeron... (te ou che) que ... tocara... a lotaría do Nadal (te ou che), ... tocou... pouco (te ou che), mais algo ... tocou... (te ou che).

4. Mi madriña, saíuche a burra capada. Díxolle a nai ao fillo cando lle entregou o boletín de notas falsificado.

Mi madriña, ... saíu... a burra capada (te ou che) ... dixo...(lle) a nai ao fillo cando ... entregou... o boletín de notas falsificado (lle).

5. As redes sociais sonche moito máis bonitas se as pos na nosa lingua.

As redes sociais ... son... moito máis bonitas (te ou che) se ... pos... na nosa lingua (as).

6. Non te vaias, rianxeira, que te vas marear. Di a cantiga que tanto che gusta ou Non te vaias, rianxeira, que vas marearte. Di a cantiga que tanto che gusta.

Non ... vaias... (te ou che), rianxeira, que ... vas... marear (te ou che). Di a cantiga que tanto ... gusta ... (te ou che).

7. Voute comer a bicos, díxolle o pai ao seu bebeciño ou vou comerte a bicos, díxolle o pai ao seu bebeciño

... vou... comer... a bicos (te ou che), ... díxo... o pai ao seu bebeciño (lle).

8. A profesora mandouna saír da clase para que se calmase. Ela fíxoo e calmouse axiña.

A profesora ... mandou ... saír da clase (a) para que ... calmase... (se). Ela... fixo... (o) e ...calmou... axiña (se).

9. Véxoa moi ben de saúde, María, nótaselle ben que se coida decote.

... vexo ... moi ben de saúde (a), María, ...nóta... ben (selle) que ... coida... decote (se).

10. A nós gústannos as películas nas que non che hai malos malísimos.

A nós ... gustan... as películas (nos) nas que non ... hai ... malos malísimos (che ou te)

Segunda parte

11. Sés poderíase prestar voluntaria para che salvar o espectáculo ou Sés poderíase prestar voluntaria para salvarche o espectáculo ou Sés podería prestarse voluntaria para che salvar o espectáculo ou Sés podería prestarse voluntaria para salvarche o espectáculo

Sés ... podería... (se) prestar... voluntaria para ... salvar... o espectáculo (che ou te)

12. Collinche os discos de Su Garrido Pombo e vóullelos dar aos curmáns ou Collinche os discos de Su Garrido Pombo e vou dárllelos aos curmáns

... collín... (te ou che) os discos de Su Garrido Pombo e ... vou... dar... aos curmáns (llelos)

13. Onte collinche os discos de Guadi Galego e agora vóullelos dar ás curmás ou Onte collinche os discos de Guadi Galego e agora vou dárllelos ás curmás

Onte ... collín... (te ou che) os discos de Guadi Galego e agora ... vou... dar... ás curmás (llelos)

14. Escoitei as cancións de Davide Salvado e xa llelas vou recomendar ás sobriñas ou Escoitei as cancións de Davide Salvado e xa vou recomendárllelas ás sobriñas

Escoitei as cancións de Davide Salvado e xa ... vou... recomendar... ás sobriñas (llelas)

15. O sábado leveinas comigo ao concerto de Xabier Díaz

O sábado ... levei... comigo ao concerto de Xabier Díaz (as)

16. Oes, as de Baiuca non as consigo oír no móbil ou Oes, as de Baiuca non consigo oílas no móbil

Oes, as de Baiuca non ... consigo... oír... no móbil (as)

17. As cancións de Lucía Pérez encántannos sempre

As cancións de Lucía Pérez ... encantan... sempre (nos)

18. Creme, dígoche que Mercedes Peón os puxo a cantar a todos

... cre... (me), ... digo... (te ou che) que Mercedes Peón ... puxo... a cantar... a todos (os)

19. Brais Morán engaiolounos con esa cantiga

Brais Morán ... engaiolou... con esa cantiga (os)

20. Andrés do Barro foiche dos primeiros en facer música en galego

Andrés do Barro ... foi... dos primeiros en facer música en galego (che)

21. Susana Seivane presentóusenos como unha gaiteira de familia gaiteira

Susana Seivane ... presentou... como unha gaiteira de familia gaiteira (se, nos)

22. O meu avó dicíanos que o "Alalá das mariñas" de Faustino Santalices sempre o emocionaba

O meu avó ... dicía... (nos) que o "Alalá das mariñas" de Faustino Santalices sempre ... emocionaba... (o ou lle)

23. Escoitando a Cristina Pato aquel día púxoseme un nó na garganta

Escoitando a Cristina Pato aquel día ... puxo... un nó na garganta (se, me)

24. Carlos Núñez aínda nos tocou tres pezas máis

Carlos Núñez aínda ... tocou... tres pezas máis (nos)

25. Confesareiche que Óscar Ibáñez case me fixo chorar aquel día

... confesarei... (che ou te) que Anxo Pintos case ... fixo... chorar... aquel día (me)

26. Cando Xosé Manuel Budiño lle botou man á gaita a xente empezouse a erguer ou Cando Xosé Manuel Budiño lle botou man á gaita a xente empezou a se erguer ou Cando Xosé Manuel Budiño lle botou man á gaita a xente empezou a erguerse

Cando Xosé Manuel Budiño ... botou... man á gaita (lle) a xente ... empezou... a ... erguer... (se)

 

ogalego.gal
Índice de Exercicios de lingua galega
Pseudónimos galegos
2005-2025
Anxo González GuerraVitoria Ogando Valcárcel
Suxestións: ogalego@ogalego.gal