Exercicio 2. Pronome persoal: Transformar as seguintes frases utilizando os pronomes de cortesía
1 -Xa me dirán vostedes o que teño que facer.
Xa me diredes vós o que teño que facer.
2 -Non llelo quero contar.
Non volo quero contar.
3 -Voullo regalar este ano.
Voucho regalar este ano.
4 -Vostede xa o sabía daquela.
Ti xa o sabías daquela.
5 -Púxenllas dentro do armario.
Púxenchas dentro do armario.
6 -A vostede, María, levareina polo camiño da felicidade.
A ti, María, levareite polo camiño da felicidade.
7 -A ver, Antón, déixese de andrómenas!
A ver, Antón, déixate de andrómenas!
8 -Non o/a van incluír na lista de aspirantes.
Non te van incluír na lista de aspirantes.
9 -Sempre lle tiven moito respecto.
Sempre che tiven moito respecto.
10 -Gardareille unhas roscas de Ribadavia.
Gardareiche unhas roscas de Ribadavia.
11 -O máis galego sonlle a sardiña, a xarda e o xurelo.
O máis galego sonche a sardiña, a xarda e o xurelo.
12 -Voulle botar unha repichoca e logo bailar con vostede.
Vouche botar unha repichoca e logo bailar contigo.
13 -Tróuxenlles a cortadora da herba verde para que se poñan xa á faena.
Tróuxenvos a cortadora da herba verde para que vos poñades xa á faena.
14- Non llas quero, non llas quero, nabizas do seu nabal.
Non chas quero, non chas quero, nabizas do teu nabal.
15 -Póñase vostede ao leme, que eu non lle teño experiencia.
Ponte ti ao leme, que eu non che teño experiencia.
16. Vostede dirá onde quere que o/a coloque.
Ti dirás onde queres que te coloque.
17. Alí non a obrigarán a durmir a sesta, amiga.
Alí non te obrigarán a durmires a sesta, amiga.
18. A vostede que lle importa, barriga torta!
A ti que che importa, barriga torta!
19. Por que se pon así, se eu non lle fixen nada?
Por que te pos así, se eu non che fixen nada?
20. Se quere que algo saia ben, terá que facelo vostede mesmo, Manolo!
Se queres que algo saia ben, teras que facelo ti mesmo, Manolo!