ma

anterior

índice

seguinte

CALMA DE 6 A 8 (Manuel Antonio, De catro a catro)

14º poema do libro. Despois das intencións, o barco, a travesía, a contemplación, a soidade, o afogado, a garda, o peirao, o bar, a balada, o cartafol do vento, a canción, a estrela, vén agora o momento de calma.

Longo poema, dos máis longos, como longa e aburrida é a calma no mar aberto. Comeza aínda con sol, vén o solpor e tamén a noite. O navío (trasunto do poeta) está atado, parado porque non hai vento e desfaise do seu pasado. Tamén aquí aparece a idea de morte, do suicidio, do naufraxio existencial.

...Na xerfa esvara o sol xerfa: superficie escumosa do mar próxima á costa, orixinada polo bater das ondas
tras das ausentes oleaxes oleaxe é un castelanismo. Non hai ondas, quietude
...As velas frouxas non hai vento, que inche as velas, hai calma, quietude
...póstumo rompeondas dos chuvascos póstumo: publicado despois da morte; rompeolas ( orixinal castelán): quebra-mar, o muro que protexe o porto das fortes ondas
...cosen os farrapos con fíos de sol morno na queitude cosen os trapos vellos cos raios de sol; son varias as imaxes para coser no poemario (en Sóso paquebote cose con liñas de fume)
Ambiente diúrno (sol), quietude, calma despois da tormenta. Imaxes atrevidas, vangardistas.

...Unha gaivota ventrílocua ventrilocuo: que sabe falar se mover a boca; gaivota tamén personalizada
peteirando no urro inmorredoiro cravando o peteiro, o bico no berro inmortal
que os afogados deixaron aboiando que os afogados deixaron flotando no mar
Identificando elementos sen relación lóxica chégase a unha imaxe visionaria, rompedora: a gaivota pon o peteiro no berro inmortal dos afogados

...O solpor fecharase chega a posta de sol
dentro do máis intacto disco recolle a luz na raia do horizonte
......As nosas pipas atentas de novo o fumar en pipa no tempo de descanso, de lecer
......acobadadas ao lecer personificación: as pipas asomadas ao descanso, como o estaba a estrela descoñecida

......Un intre o vapor intruso vapor: barco a vapor; por iso é inesperado e se move de présa polo horixonte, rompe a calma, pero só un momento, de présa
coseu de présa a relinga do horizonte de novo a imaxe de coser, cando o barco se move; relinga: corda en que van colocadas as cortizas e chumbos na rede de pesca

Remata o día e outro barco pasa rápido polo horizonte

...Alén do mundo alén: máis alá
está o castelo de proa castelo de proa: parte alta da cuberta superior do barco
...Hai un mariñeiro vello son continuas as referencias ao mariñeiro, agora o vello, o que pasou por todo
que vén de volta de tódolos naufraxios que pasou por todas as peripecias
...E trae o fío das aventuras coñece, pode seguir o fío o argumento
...........................-non se sabe o remate- están sen acabar
que as dársenas estantías dársena (castelán): peirao; a terra; estantías: estáticas
viron evadirse a bordo das bric-barcas bric-barca: bergantín que ademais dos dous mastros leva un pequeno na popa
..................-O capitán Pardeiro nome propio descoñecido, dos escasos do poemario
..................non afogou
.................."Perdeuse" canda o bergantín- bergantín: veleiro de dous mastros con velas cuadrangulares
O naufraxio, a morte

...Axustouse a sordina sordina: dispositivo para diminuír a sonoridade dun insturmento musical
...largacía coma unha nosa ollada largacía: extensa como a nosa ollada na mar
...a buguina do Mar buguina: aparello para sinais acústicos
...Tremela na mareta levián tremela: treme; mareta: movemento das ondas pequenas que vai producindo o barco; levián: leve
un remorso ou pesadelo o pesadelo, o sentimento negativo está sempre aí pairando
...O navío o eu
..... .......as mans trincadas trincadas: amarradas con cabos como as velas coa trinca, mans atadas pola calma; personificación do barco
...vai borrando cos pés o ronsel ronsel: a pegada que vai deixando o barco no mar; non deixa vestixios nin lembranzas
O barco (eu) vaise desfacendo do seu pasado

...Xa non virá o vento calma, non hai vento para acabar coa calma
porque a noite fechou tódalas portas ambiente xa de todo nocturno
........................-esa luz desvelada desvelada: esperta, que non consegue durmir
........................na fiestra da Lúa- só a luz da Lúa
Calma total, só o luar

...Ao bater a hora imprevista do relevo o toque inesperado da campá do cambio de garda (véxase Garda de 12 a 4)
coseu as doas soltas doas, as contas dun rosario (de horas). De novo a imaxe de coser, antes farrapos de sol morno, agora as badaladas soltas da campá
do toque das Trindades toque das Trindades: tres veces ao día –seis da mañá, mediodía, seis da tarde–, para rezar o Angelus e lembra o misterio da Encarnación; aquí, á tardiña
...O ceo foise abuado e friorento abuado: pálido, sen cores. Ao chegar a noite desparece o ceo

...Todo finou? interrogación retórica
..................Oh miragre!
......As mesmas estrelas repetición en todo o libro da palabra mesmo: queitude
...aínda están
...aínda están alí. un dos poucos versos parlelísticos para reforzar a idea da quietude: nada se move
Anáfora para reforzar a idea de estatismo
Todo segue exactamente igual que ao principio, é como se fose un soño.

Trazos da poética máis tradicional:
-Restos de rima: chuvascos-boiando.
-Suxeito poético nós: as nosas pipas.
-Anáfora: aínda, aínda

Trazos máis vangardistas:
-As imaxes: gaivota ventrilocua.
-Ausencia de puntuación.
-Ausencia de ritmo, en parte.
-Léxico culto: ventrilocuo, sordina. Léxico mariñeiro: xerfa, relinga, castelo de proa, bric-barca.
-A disposición gráfica: non afogou.
-Introdución de incisos: entre guións.
-
Diálogo prosaico.

Contribúe co teu comentario ou suxestión

Anxo González Guerra e Vitoria Ogando Valcárcel

Véxase agora o poema de Manuel Antonio na súa versión orixinal:

Calma de 6 a 8

...N-a xerfa esvara o sol
tras d'os ausentes oleaxes
...As velas frouxas
...póstumo rompeolas d'os chubascos
...cosen os farrapos con fíos de sol morno

......Unha gavota ventrílocua
peteirando n-o urro inmorredoiro
que os afogados deixaron aboyando

...O sol-por fechará-se
dentro do mais intuato disco
......As nosas pipas atentas
......acobadadas ao lecer

......Un intre o vapor intruso
coseu de presa a relinga d'o horizonte

...Alén do mundo
está o castelo de proa
...Hai un mariñeiro vello
que ven de volta de todol-os naufraxos
...E trai o fío d'as aventuras
...........................-non se sabe o remate-
que as dársenas estantías
viron evadir-se a bordo d'as bric-barcas
..................-O capitán Pardeiro
..................non afogou
.................."Perdeu-se" canda o bergantín-

...Axustou-se a xordina
...largacía coma unha nosa ollada
...a buguina d'o Mar
...Tremela n-a mareta levián
un remorso ou pesadelo
...O navío
...............as mans trincadas
...vai borrando c'os pés o ronsel

...Xa non virá o vento
por que a noite fechou todal-as portas
........................-esa luz desvelada
........................n-a fenestra d'a Lua-

...Ao bater a hora imprevista d'o relevo
coseu as adoas soltas
d'o toque d'as Trindades
...O ceo foi-se abuado e friorento

...Todo finou?
..................Oh miragre!
......As mesmas estrelas
...aínda están
...aínda están alí.

Todos os poemas están perfectamente explicados por Manuel Castelao en Manoel-Antonio De catro a catro, Laiovento, 2010